Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

jueves, 2 de diciembre de 2010

Noraboa

Hoxe queremos felicitar a nosa compañeira, Tania, porque unha vez máis se erixiu co loureiro gañador nun certame literario. Non hai dúbida de que esta moza ten moito que contar e faino dun xeito moi bo.



Nesta gañou o VIII CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO do CONCELLO DE MUGARDOS coa obra Miña esperanza. esperemos poder vela pronto publicada e que mentres se anime a deixar aquí ou nos nosos relatos algunha mostra da súa boa feitura.

____________________________
Aquí tedes o enlace para o blogue da gañadora / colaboradora:
http://historianopartenon.blogspot.com/

Iniciando camiño

Outra vez estamos aquí e outra vez nun novo espazo. Parece que collemos xeito a isto de empezar cada xeira cun lavado de cara. Isto non significa que o espírito mude, só que nos maqueamos para conseguir ter máis noivados.


Reabrimos este espazo co afán de que participedes todos e todas vós, de que nos acheguedes as vosas ideas, os vosos soños, os vosos anceios. Son tempos difíceis para a lingua, pero non por iso imos escondela. Estamos orgullosos e orgullosas de sermos galegas, de sermos galegos e, sobre todo, de sermos persoas.


...e que a festa non pare!!!